lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine – Mulleres de Ryazan

16 de junio, 2021 - 19:30

O Club Cultural Valle-Inclán continúa o seu programa de “Sesións de Filmoteca” que desenvolve en colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo convenio asinado coa AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais.

No mes de xuño proxectaranse os seguintes filmes:

* Día 2: Josep, de Aurel, Francia, 2020. VOSE

* Día 9: Manoliño Nguema, de Antonio Grunfeld, España, 2019. VOE/G

* Día 16: Mulleres de Ryazan, de Olga Preobrazhenskaya, URSS, 1927. Cine mudo con intertítulos en galego.

Mulleres de Ryazan / Día 16 de Xuño. Hora: 19:30 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director: Olga Preobrazhenskaya – Ivan Pravov
País: Unión Soviética
Ano: 1927
Xénero: Drama | Vida rural. Cinema mudo
Duración: 89 minutos
Produción: Sovkino
Guión: Boris Altshuler, Olga Preobrazhenskaya
Dirección de Fotografía: Konstantin Kuznetsov
Música: Versión restaurada: Sergey Dreznin (Película muda)

INTÉRPRETES: Kuzma Yastrebitsky, Olga Narbekova, Yelena Maksimova, Georgi Bobynin, Emma Tsesarskaya, Raisa Puzhnaya, Ivan Savelyev, Gulya Korolyova, Inna Fyodorova

SINOPSE: O filme conta a historia de dúas campesiñas, unha tradicional e outra moderna, nun cóctel explosivo de melodrama e crítica ao patriarcado que foi todo un éxito de audiencia na época. Intertítulos en galego.

O Valle-Inclán conta coa colaboración do Vicerreitorado do Campus de Lugo da USC que cede o Salón de Actos da Casa do Saber para as proxeccións. Sesión de 19:30 horas.

Para poder asistir é preciso solicitar reserva de entrada na dirección de correo-e cultura.lugo@usc.es facendo constar nome, apelidos, DNI e nº de teléfono. Aforo limitado.

Detalles

Fecha:
16 de junio, 2021
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X