16.6 C
Lugo
Vie, 2 Jun 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine – Nico

16 de febrero - 19:30

Cine – Nico

Ciclo de Cine Alemán

Xov, 16/02/2023 – 19:30

Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere
Entrada libre e de balde ata completar aforo.
VOSE
Directo: Eline Gehring
Pais: Alemaña
Ano da produción: 2021
Xénero: Drama
Duración: 75
Intérpretes: Sara Fazilat, Javeh Asefdjah, Andreas Marquardt, Brigitte Kramer, Sara Klimoska, Uwe Meyer, Sabrina Tannen
Sinopse

Nico é unha película que aborda a violencia, a violencia irreflexiva contra as mulleres a diario, a violencia dirixida a persoas que son agredidas polas súas orixes.

Sara Fazilat interpreta grandiosamente a Nico, coas súas raíces iranianas e actitude berlinesa. É moi apreciada no seu traballo como coidadora xeriátrica, porque sempre está de bo humor. Isto cambia a noite na que a golpean tres rapaces alemáns racistas e termina no hospital. Desde ese momento, a súa vida esnaquízase.

Pódense observar as consecuencias da violencia psicolóxica, o trauma case se pode sentir fisicamente; a película achéganos a Nico a ese nivel.

Sara Fazilat desgárranos co seu medo, ira ou resignación; móstranos o que é o illamento voluntario ou un adestramento intenso de karate, ata que Nico finalmente atopa a fortaleza para lograr unha nova tranquilidade.

Premios

Filmfestival Max Ophüls Preis 2021: Mellor actriz nova (Sara Fazilat).

Detalles

Fecha:
16 de febrero
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 29 71 95