Este xoves 30 ás 19:30 no centro social autoxestionado A Hedreira en Lugo proxectan «Kobane» coa presenza de Olmo Couto, o director de fotografía, que regresa a Galicia para acompañar a estrea deste filme sobre a resistencia civil desta cidade contra o Estado Islámico, dirixido pola cineasta Ozlem Arzêba.
«2014. As forzas do ISIS toman Kobane, no norte de Siria, e provoca o desprazamento de miles de kurdos. Unha muller de 32 anos ponse ao mando das forzas resistentes para liderar o contrataque que lles permita retomar a cidade.»
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte