1.6 C
Lugo
Mié, 6 Dic 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Codex Cinema 06 de abril en adiante

6 de abril - 9 de abril

Codex Cinema 06 de abril en adiante

Estreas:

«O Inocente» Filme francés dirixido por Louis Garrel, que conta con dous premios César,
ao Mellor Guión Orixinal e Mellor Actriz Secundaria.

O Inocente é unha comedia romántica, é excéntrica, conmovedora e
divertida.

Sinopse: cando Abel descobre que a súa nai, Sylvie, que ronda os sesenta
anos, está a piques de casar cun home que está no cárcere, entra en
pánico. Apoiado por Clémence, a súa mellor amiga, fará todo o posible
para intentar protexela, mais o seu encontro con Michel, o seu novo
padrasto, podería ofrecer a Abel novas perspectivas…..

«O castigo», do director chileno Matías Bize, que acada o Premio á Mellor
Dirección no pasado Festival de Malaga.

No filme non só destaca o traballo do cineasta Matías Bize, tamén está a
interpretación maxistral da súa protagonista Antonia Zegers.

Sinopse: Ana e Mateo buscan o seu fillo despois de telo deixado uns
minutos só como castigo por portarse mal. Esta busca desesperada ten
como escenario un bosque e unha carreteira. Mentres pasa o tempo sen
que o fillo apareza, a parella terá que enfrontarse ao medo, á culpa, á
fraxilidade da súa unión e outras revelacións relacionadas cos roles que
representan na familia.

Detalles

Comienza:
6 de abril
Finaliza:
9 de abril
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web del Local