
- Este evento ha pasado.
Codex Cinema xoves 22 setembro en adiante
22 de septiembre - 17:00 - 25 de septiembre - 17:00

Codex Cinema xoves 22 setembro en adiante
Codex Cinema estrea dúas películas fundamentais para a presente tempada cinematográfica.
A primeira estrea é Crimes do futuro, o agardado retorno de David Cronenberg á realización logo de estar oito anos afastado das cámaras.
O filme causou un forte impacto no pasado Festival de Cannes e conta cun reparto estelar encabezado por Viggo Mortensen, Léa Seydoux e Kristen Stewart.
A película, que tivo unha fase de xestación de máis de vinte anos, supón un retorno do director canadense a unha temática e estética moi visceral máis propia das primeiras etapas de Cronenberg.
A outra estrea da semana é Libélulas, debut na longametraxe de Luc Knowles.
O filme gañou a Biznaga de Prata á Mellor Interpretación Feminina ZonaZine ex aequo para as dúas protagonistas, Milena Smit e Olivia Baglivi, ademais tamén gañou o Premio do Público ZonaZine no susodito festival.
As actrices interpretan a Alex e Cata, dúas amigas que dende sempre viven nun barrio da periferia e levan anos fantaseando con fuxir. De súpeto, uns aforros, droga roubada e unha traizón precipitarán uns acontecementos que poñerán a proba a fraxilidade do voo destas dúas libélulas