21.6 C
Lugo
Jue, 28 Sep 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Coloquio «Día das mulleres e nenas na ciencia»

10 de febrero - 12:00

Coloquio «Día das mulleres e nenas na ciencia»

O grupo de innovación docente do Campus de Lugo XuvenCiencia organiza este venres, a partir das 12.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, un coloquio sobre a carreira investigadora das mulleres co gallo da celebración do Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia.

Esta actividade, promovida ao abeiro do proxecto Convivio de Ciencia, que recibe financiamento da FECYT, contará como relatoras con varias integrantes do grupo XuvenCiencia pertencentes áreas de coñecemento e xeracións distintas.

A temática da sesión, que poderá seguirse de xeito presencial, pero que tamén inclúe un
coloquio telemático dirixido a estudantes preuniversitarios de toda Galicia que poderá
seguirse a través da canle de YouTube de XuvenCiencia , xirará arredor do acceso das
mozas ás profesións tecnolóxicas. A xornalista e investigadora da USC Marta Veiga
Izaguirre será a encargada de moderar un coloquio no que intervirán como relatoras sete
mulleres.

Perfís das participantes

Laila Al-Soufi Novo, graduada en Bioloxía e máster en Xenómica e Xenética. É
investigadora predoutoral no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e o seu
campo de traballo é a predisposición xenética a padecer doenzas psiquiátricas ou
dependencia a drogas.

Ana Couso Viana, graduada en Bioloxía e investigadora predoutoral na Escola Politécnica
Superior de Enxeñaría de Lugo, onde realiza a súa tese en Produción Vexetal, sobre o
cultivo in vitro de plantas ameazadas e/ou endémicas.

Saskia Flament Simon é docente e investigadora da Facultade de Ciencias do Campus da
USC en Lugo, na área de Bioquímica e Bioloxía Molecular, onde estuda microorganismo
mediante ferramentas da bioinformática e da bioloxía.

Ana P. Losada é veterinaria e profesora de Anatomía Patolóxica no grao en Veterinaria do
Campus de Lugo. Forma parte do grupo de investigación Gapavet, que traballa no
benestar e a saúde animal na acuicultura.

Mercedes Novo é profesora da área de Química-Física e imparte aulas no grao en
Bioquímica do Campus de Lugo. As súas investigacións empregan a luz para estudar
sistemas de interese biomédico e tecnolóxico. É a coordinadora de XuvenCiencia.

Montse Valcárcel é investigadora de Enxeñaría Agroforestal e imparte docencia de
Hidroloxía nos graos de Enxeñaría Civil, Agrícola e Forestal e no mestrado de Enxeñaría
de Montes. Os seus eidos de traballo son a xestión da auga e o desenvolvemento rural.

Logo das quendas das investigadoras da USC participantes neste coloquio, poderá tamén
partillar as súas reflexións e formular preguntas o alumnado dos centros que se conecten
nesta sesión especial organizada para conmemorar o Día das Mulleres e as Nenas na
Ciencia.

Detalles

Fecha:
10 de febrero
Hora:
12:00
Categoría del Evento: