lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Andrea Pousa

1 de diciembre, 2018 - 20:00

Andrea Pousa presenta o seu primeiro álbum en solitario «RESPIRAR» EN CONCERTO no Vello Cárcere (Lugo).

«O latexo do lirismo galego feito canción capaz de traspasar fronteiras».

Andrea Pousa, é rica e poderosa en creatividade, sensibilidade, dozura e temperamento. Ten a capacidade de convertir cada canción nunha obra de arte viva, sensitiva e transformadora.

Por máis de 10 anos, estudia Máster Class de canto e interpretación.

Foi membro do grupo vocal femenino vigués de arte creativa “Sueño de Calíope”, durante 10 anos.

En 2014 funda Queiman e Pousa, empresa de espectáculos, comprometida coa Cultura Atlántica, onde se desenvolven diferentes espectáculos con temáticas adaptadas a cada evento e lugar. Cunha labor e recoñecemento nacional e internacional.

É a voz principal de KELTIA O MUSICAL, o musical que transmite a espiritualidade da cultura celta e romana, o seu contacto coa natureza, tradición e a súa esencia.

RESPIRAR
‘Respirar’ un proceso fisiolóxico indispensable para a vida. Con máis de 15 anos de experiencia sobre os escenarios, Andrea Pousa presenta o seu primer álbum en solitario RESPIRAR.

Hai un punto, arredor de certas músicas, onde todos nos sentimos limitados a hora de ter que
etiquetalas, mesmo verbalizalas.

Ese é o mundo onde a voz emocionante de Andrea Pousa habita e da forma, a través dun puñado de cancións diversas, picando aquí e alá; lirismo, tradición, vanguardía, popular… Todas elas cancións orixinais, excepto unha versión innovadora da coñecida “Negra Sombra” de Rosalía de Castro e Xan Montes.

Cancións interpretadas en galego, castelán e portugués.

O caso é que Andrea é quen de transmitir todo iso sendo ela mesma, con elegancia e frescura, conformando coa súa voz clara e firme.

Un estilo de canción que sitúa os seus propios límites na contorna do Atlántico.

Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, con unha calidade musical e artística moi sofisticada.

Elenco de músicos no directo:

Nani García: piano, teclados
Rubén Deschamps: guitarra acústica
Criptana Angulo: cello

Entrada libre ata completar aforo.

Organiza: Concello de Lugo.

Detalles

Fecha:
1 de diciembre, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X