
Concerto da orquestra Terra Nova
18 de diciembre - 20:00

Concerto da orquestra Terra Nova
18 de decembro ás 20.00 horas, no Círculo das Artes.
A entrada será de balde ata completar aforo (aproximadamente 300 persoas).
O concerto terá unha duración aproximada dunha hora e o repertorio incluirá grandes composicións musicais de todos os tempos que inclúen: O cisne, de «Entroido dos animais» de C. Saint-Säens; Aria sul G, da Suite Orquestral N.3 de J.S. Bach; Danza dos santos espíritos, de Orfeo e Eurídice de C.W. Gluck e algunha que outra sorpresa.
Dirixida polo prestixioso músico Nicolás Ravelli Barreiro, a orquestra está composta por 37 músicos (20 rapazas e 17 rapaces) de entre 15 e 35 anos de idade e nace con vocación de ser unha formación estable no tempo.