
- Este evento ha pasado.
Concerto da versión orixinal do Himno Galego
30 de septiembre - 18:30
Concerto da versión orixinal do Himno Galego
A coral Solo Voces e a agrupación Lucus Ensemble interpretarán a composición de Eduardo Pondal e Pascual Veiga, seguindo a letra que se publicou en 1890.
O acto contará coa intervención dos profesores e investigadores Manuel Ferreiro e Xoan Costa, que repasarán a orixe e historia do Himno Galego e da bandeira branca e azul, deténdose nos fitos históricos que marcaron a súa elección e traxectoria como símbolos nacionais.
A actividade desenvolverase na Praza de San Marcos ás 18.30 horas este venres 30 de setembro
A iniciativa incide no proxecto de investigación, recuperación e visibilización do Himno Galego que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo está a desenvolver coa colaboración de Vía Galega.