jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de «A banda da loba»

27 de abril, 2018 - 21:00

A Banda da Loba presenta «Bailando as rúas»

Promove: Lugo Cultural

Na praza de Santa María (en caso de choiva, na Casa do Saber)

A Banda da Loba’ abrirá este venres 27 de abril, no marco do Lubicán Íntimo, unha velada de música e cine na luguesa Praza de Santa María, onde ofrecerá, a partir das 21.00 horas, o concerto de presentación do seu primeiro traballo discográfico ‘Bailando as rúas’, un repertorio que inclúe temas de autoría propia e outros baseados en letras de poetas clásicos coma Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Rosalía de Castro…, ou en poemas contemporáneos de Rosalía Fernández Rial e Celia Parra.

O concerto de A Banda da Loba, unha formación feminina integrada por cinco mulleres (Xiana Lastra, Andrea Porto, Marcela Porto, Estela Rodríguez e Inés Mirás) que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo que se caracteriza por un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular, no que mesturan pop, blues, folk, rock e sons tradicionais, servirá de preludio dunha sesión de cinema ao aire libre, durante a que o público poderá gozar coa proxección das dez propostas audiovisuais presentadas á última edición do certame ‘Findecurta’. Esta iniciativa a prol da creación e do cinema galego e en galego tamén está incluída na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial de Lugo e Concello de Lugo.

Detalles

Fecha:
27 de abril, 2018
Hora:
21:00
Categoría del Evento:
X