Concerto de Ars Combinatoria
Ars Combinatoria é un grupo galego creado en 1991 que centra a súa actividade na música antiga. Actualmente está dirixido por un dos seus fundadores, o sarriao Canco López.
A cita terá lugar no Círculo das Artes, venres 24 de marzo ás 20:00h, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.
A Orquestra galega estará acompañada polos solistas e as solitas galaico-portugueses/ as: Raquel Mendes, Péter Bozi, Fernando Guimaraes e Vicente Antequera.
Toda a información sobre este evento, así como do resto da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, pode consultarse na páxina web: www.lugocapitaldacultura.com
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte