
- Este evento ha pasado.
Concerto de artistas de Lugo – Os poemas galegos de Lorca
18 de diciembre, 2020 - 20:30

Concerto de artistas de Lugo – Os poemas galegos de Lorca
Como colofón do Proxecto Lorca, os promotores desta iniciativa presentarán o 18 de decembro, ás 20.30 horas, na Casa do Saber, o resultado da musicalización de cinco dos poemas galegos de Lorca, un traballo realizado por outros tantos músicas ou formacións musicais luguesas. Cómpre lembrar neste senso, que o sexto dos poemas que García Lorca escribiu en lingua galega, o titulado ‘Madrigal á cidade de Santiago), xa foi musicado para a USC en 2015 por Carlos Díaz.
Daquela, na sesión programada para o 18 de decembro, o público que se dea cita na Casa do Saber, poderá gozar do resultado do traballo de musicalización desenvolvido por Noelia Geada e David Taboada co poema ‘Cantiga do neno da tenda’, versos dedicados a Ernesto Pérez Guerra que falan do sentimiento dos emigrante. Outro dos poemas musicados é ‘Danza da lúa en Santiago’, a cuxa letra o grupo Nebra engadiu as melodías propias do seu proxecto, inspirado na música tradicional galega.
A banda de rock indie alternativo Infrarroja, unha formación nada en Lugo en 2017, poñerá música ao poema ‘Romance da Nosa Señora da Barca’, nun evento no que tamén se poderá gozar do resultado da letra de ‘Nouturno do adolescente morto’ con música de Quique Muruáis e Luis Monsalve, así como do poema ‘Canción de cuna para Rosalía de Castro, morta’, musicado polo dúo Condensadores de Fluzo, integrado por Luis (Bedu) Pérez e Miguel Bello.
ENTRADAS
As persoas interesadas en acudir como público a cada un dos eventos nos que se estrutura o Proxecto Lorca deberán solicitar de balde e con antelación o convite a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es