
- Este evento ha pasado.
Concerto de Viviane
10 de marzo, 2018 - 20:30 - 21:30
Gratuito
O ciclo Músicas Mesturadas é unha nova proposta cultural da Concellería de Cultura que este 10/03 trae a Viviane en concerto.
Unha sonoridade única carismática e singular da música contemporánea portuguesa, Viviane, a medio camiño entre o Fado e a Chanson francesa, para celebrar os dez anos de carreira en solitario editou un “Best of” titulado Confidências que reúne as mellores cancións da súa discografía, e inclúe un novo tema, «Fado do beijo» e unha versión do tema «Cantoras do rádio» interpretado por Carmen Miranda no 1936.