jueves, septiembre 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: OBRAS ACUSMÁTICAS

3 de mayo, 2018 - 20:30

INMACULADA CÁRDENAS + MÓNICA ÁLVAREZ (GCSUS) + ESTEFANIA AA + PABLO FREDES

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

ESTEFANIA AA

FRAGIL AZUL PROFUNDO (2018)

Peza electroacústica e experimental cuadrafónica realizada con tres tipos de sintetizadores análogo-modulares RSF Kobol Expander, Nord G2 y Korg M20 combinada con paisaxes sonoras e gravacións de campo manipuladas en posprodución que pola súa vez se mesturan coas texturas deses obxectos sonoros ofrecidos pola Fundación Phonos.

PABLO FREDES

AZUSON-Á-TISSER (VERSION 2011)

Peza realizada en 2004. Constrúese a través de distintas «perspectivas de evolución entre o antagónico»: desde o acústico ao electrónico, dende o recoñecible ao acusmático, dende o simple ao complexo, dende o agudo ao grave, etc. Precisamente mantén estruturas tímbricas moi electrónicas con algunhas interferencias de sons naturais perfectamente recoñecibles ao oído.

INMACULADA CÁRDENAS

LAS SEÑORITAS DE CARABANCHEL (parte segunda) e TORMENTA CELESTE son dúas obras que xorden de traballos de improvisación colectiva. A primeira con profesores de ensinanzas medias na Igrexa do Palacio de Carabanchel en Madrid, e a segunda no ximnasio da Facultade de Pedagoxía de Cuenca con alumnos da especialidade de Música do devandito centro. O punto de partida para ambas é a pedagoxía de creación musical nacida en Francia da man de François Delalande e desenvolvida en España pola propia compositora quen asina o libro La pedagogía de creación musical. Estes traballos de improvisación parten da busca de materiais sonoros, neste caso, sobre instrumentos, pianos en Las Señoritas de Carabanchel e vento metal en Tormenta Celeste.

MONICA ÁLVAREZ

CADEAS VERSUS FREDOM (2018)
Mónica Álvarez (voz) / Adriana Ramos (danza)

A falta de liberdade, a opresión e a marxinación inspiran á autora a transmitir con voz e danza esa loita polos dereitos humanos. A peza consta de tres partes diferenciadas:

A debilidade, inseguridade e carencia de autoestima mesturadas cun sentimento de superioridade e capacidade de dominación física e/ou verbal, todo iso traballado na súa infancia dirixida.

A impotencia, tanto física como psíquica, ante a agresión.

Submisión e dor.

A loita e ruptura das cadeas que impiden a súa identidade e autoestima. Berro de liberdade. Busca da felicidade.

Detalles

Fecha:
3 de mayo, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X