jueves, septiembre 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto «SHOAH FOR SOLO VIOLÍN & SACRED TEMPLE»

31 de mayo, 2018 - 20:30

Jorge Grundman (compositor)
Vicente Cueva (violín)
Jaima Arranz (narrador)

Festival de Música da cidade de Lugo
XLVI Semana de música do Corpus

Centro Cultural O Vello Cárcere, 20:30h, ENTRADA LIBRE

Friedl Dicker-Brandeis (1898–1944) encheu dúas maletas con preto de catro mil cincocentos debuxos realizados entre 1942 e 1944 polos nenos a quen daba clases clandestinas no gueto de Terezín. Fixo ver aos seus alumnos que o debuxo era unha forma de comunicarse e serviulles como unha clase de terapia. Eses debuxos son todo o que queda das almas de aqueles nenos. Eu tiven a grande oportunidade de que esas almas en conxunto me fixesen chorar e sentise a necesidade de escribir música para que nunca ninguén os esqueza (Jorge Grundman).

Sentín a necesidade de escribir música que honrase directamente a Memoria das Vítimas do Holocausto porque crin que podería invocar o seu recordo dende a emoción. Non se trata, pois, de intentar que un violinista demostre todo o seu virtuosismo inaccesible ao sentimento da tristeza e da evocación. Non se trata, pois, dunha partita no sentido estrito dunha suite de danzas. Non gardan os movementos nin sequera a mesma tonalidade. Non alternan un movemento rápido con outro lento. Non se trata, tampouco, de elevar a escritura violinista a cumios soñadas por Ysaÿe. Nin moito menos.

Probablemente, ao escribir estas liñas, nos encontremos ante a obra para violín solo de máis longa duración da historia da humanidade. Isto non a fai mellor que a peor danza que escribise o Mestre, pero si que tende a elevar a un gran nivel de dificultade o que un violinista se enfronte a máis de cincuenta e seis minutos por diante para levar a máxima espiritualidade. Tantos minutos de violín nu poderían levar ao desafecto a calquera oínte, por moito que este queira irmandarse espiritualmente en comuñón coa alma dos desaparecidos. E por se fose pouco superar tanto tempo de execución, o feito de conter o estado de tristura durante todo ese tempo, non é algo que se poida levar sen preparación psicolóxica, técnica e física.

Procurei que Bach estivese presente durante a escritura da miña obra de forma subliminar. Como tamén intentei que a música xudía se albergase no meu corazón e se mesturase coa miña forma de escribir música. Non se trata, pois, dunha suite de danzas. Senón dunha suite de recordos de feitos infames. (Jorge Grundman)

Vicente Cueva

Vicente Cueva é un dos violinistas españoles máis destacados da súa xeración e gañou ao público co seu son cálido, a súa honestidade no achegamento ao repertorio clásico e a súa frescura e dinamismo abordando a música actual. A súa dedicación á pedagoxía e ensinanza do violín dotouno dun gran prestixio e moitos dos seus alumnos forman parte das principais orquestras e conservatorios de España. Na actualidade é Profesor de Graduado Superior, Postgraduado e Máster na Escola Superior Katarina Gurska, é Concertino-Director da Orquestra de Cámara de España e dende 2010 Solista invitado da Orquestra Sinfónica de Bilbao B.O.S., labores que compaxina cunha incesante actividade de concertos que o levou aos teatros e salas de concerto de toda a xeografía española, Europa, Estados Unidos de América, Centro América e África. Tamén colaborou coa Orquestra Sinfónica de Euskadi O.S.E. como Axuda de Concertino. En 1992 forma o dúo de violíns Pablo Sarasate, co que gravou a integral dos Dúos de Bèla Bàrtok e a Sonata op. 56 de S. Prokofiev. En 1994 recibiu en Santiago de Compostela o Premio Luis Coleman de Música Española. En 1999 ingresa por oposición e como primeiro violín na Orquestra Nacional de España.

Vicente Cueva interpreta co violín Stradivari “Auer” de 1691 prestado polo Groupe Canimex.

Jorge Grundman

Jorge Grundman é un escritor de música clásica, Doutor en Artes pola Universidade Rey Juan Carlos, Máster Universitario en Creación e Interpretación Musical pola Universidade Rey Juan Carlos, Licenciado en Ciencias e Historia da Música pola Universidade da Rioxa, Enxeñeiro Técnico de Son e Imaxe pola Universidade Politécnica de Madrid e Diplomado Técnico en Informática pola Universidade Pontificia de Salamanca. Na actualidade é Profesor Titular da Universidade Politécnica de Madrid.

A súa música programouse ou foi difundida pola radio ou a televisión en numerosos países como Estados Unidos de América, Reino Unido, Australia, Alemaña, Francia, Suíza ou España e foi estreada en lugares tan representativos como o Carnegie Hall de Nova York, o Auditorio Nacional de Música de Madrid, o Teatro Nacional de Brasilia ou o Teatro da Zarzuela de Madrid.

Entre os intérpretes das súas obras encóntranse figuras tan relevantes como o Brodsky Quartet, Trío Arbós ou Ara Malikian e foi premiado en numerosas ocasións, sendo o único escritor de música español en recibir os premios Independent Music Awards na súa 12ª edición, ou o International Songwriting Competition na súa 13ª edición, o Boston Metro Opera Concert Award ou o Boston Metro Opera Director’s Choice entre outros.

Entre as súas grandes obras encóntranse o oratorio para Cuarteto de Corda e Soprano A Mortuis Resuregere: The Resurrection of Christ, e a ópera homónima da obra da literatura universal de Miguel Delibes Cinco Horas con Mario. Ademais, recentemente estreouse na Sala Sinfónica do Auditorio Nacional a súa obra A Debt to Bach para Orquestra e Coro. As súas obras encóntranse editadas a nivel mundial por Music Sales Classical.

Detalles

Fecha:
31 de mayo, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X