
- Este evento ha pasado.
Conferencia “A vida é como un circo”
28 de septiembre - 20:00
Conferencia “A vida é como un circo”
O Centro de Emprensas e Innovación (CEI Nodus) do Concello acollerá este mércores, 28 de setembro, a segunda das “Charlas de Alto Impacto”
Nesta ocasión, o relator será Manuel Feijoo Aragón, neto de Miliki, quen ofrecerá un coloquio sobre a resilencia, a reinvención e o traballo en equipo, baixo o título “A vida é como un circo”.
A conferencia deste mércores terá lugar no salón de actos do CEI Nodus, de 20:00 a 22:00 horas, e as persoas interesadas en acudir poden inscribirse de xeito totalmente gratuíto en www.localmentelucense.gal/charlas-de-impacto.
“A vida é coma un circo” conta a historia de superación, renovación e cambio de Miliki, o paiaso máis famoso do mundo de fala hispana, o home que acompañou a infancia de catro xeracións de nenos e nenas de todo o mundo e que soubo reinventarse unha e outra vez. Unha lección de vida sobre a xestión do cambio e a adaptación a novos mercados e audiencias desde a defensa do teu propio proxecto.
Manuel Feijoo
Manuel Feijoo Aragón (1977) leva 20 anos traballando no mundo do espectáculo. Este éxito non é por casualidade, senón polo exemplo do seu mestre: o seu avó Emilio Aragón Bermúdez “Miliki”. Traballou como guionista en series de televisión, escribiu películas, dirixiu anuncios, creou programas de tv e sobre todo destaca como cómico-monologuista e presentador, tanto en televisión como en eventos.
Desde hai uns anos, decidiu trasladar todas as ferramentas de comunicación que foi coñecendo ao mundo da empresa, co obxectivo de mellorar o ambiente de traballo e a relación entre persoas.