jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia «Feminismo e Literatura»

25 de mayo, 2018 - 20:00

faladoiros feministas

Por Marica Campo Domínguez.

Dentro dos Faladoiros Feministas, a programación, totalmente gratuíta, que Deputación e Concello de Lugo, coa colaboración do Foro feminista Maruxa Mallo, ofrecen aos lucenses co fin de crear un espazo de diálogo e reflexión da sociedade dende o punto de vista das mulleres. A entrada á conferencia é libre e de balde ata completar o aforo

«Neste mes das letras Marica Campo falará delas con óculos violetas.
Señora das Letras 2018, unha designación feita na data de nacemento da autora lucense e de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro.
María Pilar Campo Domínguez, naceu no Val do Mao (O Incio, Lugo) no ano 1948. Ten tocado múltiples xéneros literarios, desde a poesía á narrativa, pasando pola literatura infantil e xuvenil, o teatro, a tradución… “Hai autoras que son coma os ollos das patacas, como patacas con ollos, que dende a súa leira e o seu campo van tirando das que estaban aí, das que están ao lado. Sen preguntar de onde es ou que tipo de pataca serás no futuro, abren os seus ollos para abriren ollos en ti”, afirma A Sega no manifesto deste ano, ‘Os ollos das patacas’.»

Detalles

Fecha:
25 de mayo, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X