lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia “Nós e Vicente Risco, 100 anos de pensamento»

7 de mayo, 2021 - 19:00

Conferencia “Nós e Vicente Risco, 100 anos de pensamento»

A Asociación Cultural ATENEO GALEGUISTA DE LUGO, FUNDACIÓN VICENTE RISCO E EDITORIAL GALAXIA organizan o venres 7 de maio ás 19:00 horas no Vello Cárcere de Lugo a conferencia presentación:

“NÓS E VICENTE RISCO, 100 ANOS DE PENSAMENTO”. Lanzamento de novas edicións.

Intervirán:Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco.

Xulián Parta Rodríguez, Editorial Galaxia.

Serxio María Rodríguez Álvarez, Teoría do nacionalismo galego.

Patricia Arias Cachero, Leria.

Hakan Casares Berg, Biografía de Viente Risco de Carlos Casares.

O aforo é limitado, para inscricións no enderezo electrónico rgngon@gmail.com

Na Editorial Galaxia publicaron a colección Biblioteca Nós, en homenaxe aos artífices da revista Nós, celebrando o centenario da saída do prelo do seu primeiro número.

Esta é unha escolma dunha decena de obras de autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Antón Losada Diéguez, Antón Vilar Ponte ou Castelao.

Títulos como Teoría do nacionalismo galego, un dos textos políticos máis influentes e relevantes da Galicia do século XX, e Leria, de Vicente Risco, pertencen a esta colección, ao igual que a biografía que escribiu Carlos Casares, Vicente Risco, sobre a figura do senlleiro director da revista Nós. Casares, aporta unha interesante visión desde o seu coñecemento no trato durante os seus anos de estudante de bacharelato, presentando un Risco na súa dimensión máis humana.

 

Detalles

Fecha:
7 de mayo, 2021
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X