Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conversa participativa co director de Amnistía Internacional en España

25 de octubre, 2018 - 20:00

Esteban Beltrán Verdes, director de Amnistía Internacional en España, e Rafael Pérez de Vega, neto do Dr. Rafael de Vega Barrera, fusilado tras un simulacro de xuízo nas tapias do cemiterio de Lugo o 21 de outubro de 1936, falarán sobre a memoria, a impunidade e a xustiza universal.
O acto presentase como unha conversación participativa entre Esteban Beltrán, Rafael Pérez de Vega e o público asistente.

Os dereitos á verdade, a xustiza e a reparación das vítimas de crimes de dereito internacional cometidos durante a Guerra Civil e o franquismo seguen sendo denegados en España, que nin investiga nin colabora con investigacións levadas a cabo por outros países. Hai só uns días, a Sección 30 da Audiencia Provincial de Madrid rexeitou o recurso de apelación interposto por Felisa Echegoyen avalando así a decisión do xulgado de instrución número 39 de Madrid de arquivar a súa querela por torturas contra «Billy el Niño».

Nota: Ás 19:30 h, haberá unha visita guiada ao Vello Cárcere aberta ao público na que participarán os intervenientes no acto.

Detalles

Fecha:
25 de octubre, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95