martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Debate científico – A intervención de Roma nas comunidades indíxenas

15 de junio, 2021 - 10:00

Debate científico: A intervención de Roma nas comunidades indíxenas

A intervención de Roma nas comunidades indíxenas centra a temática do foro científico que se desenvolverá o martes 15 de xuño no auditorio da Domus do Mitreo, onde se citarán prestixiosos investigadores do mundo romano das universidades de Cantabria, País Vasco, Barcelona, Zaragoza, Baleares, así como outros relatores pertencentes a universidades estranxeiras, tales como a Universidade de Lisboa ou ao Instituto Ausonius da Universidade de Burdeos (Francia).

O encontro de análise e debate sobre a pegada romana la capital luguesa, en particular,
pero tamén noutros territorios da Península Ibérica, nun contexto máis amplo, está
coordinado pola profesora de Historia Antiga da USC e directora científica do Museo
Universitario A Domus do Mitreo no marco dun proxecto financiado polo Goberno de
España. Dolores Dopico Caínzos explicou que a reunión programada en Lugo servirá para
poñer en común as principais conclusións e os avances dos traballos e estudos xa
desenvolvidos ata a data ao abeiro desta liña de traballo.

As persoas interesadas en asistir ao congreso, que ten un aforo limitado, poden formalizar xa a súa inscrición de balde a través do enderezo electrónico cultura.lugo@usc.es . A solicitude debe incluír nome completo e teléfono de contacto.

Detalles

Fecha:
15 de junio, 2021
Hora:
10:00
Categoría del Evento:
X