jueves, septiembre 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Día da Bicicleta: 25 anos pedaleando por Lugo

21 de octubre, 2018 - 12:00

As persoas interesadas en participar neste evento poden inscribirse ata o día 20 no horario de apertura de Decathlon

Esta actividade, que reúne en cada edición máis dun milleiro de participantes, está aberta a persoas de todas as idades.

As persoas participantes concentraranse fronte á Casa do Concello ás 11:45 horas e a saída está prevista ás 12:00 horas, realizando o seguinte percorrido, duns 6,5 quilómetros:

o Saída: Praza Maior, cara o Círculo das Artes
o Ronda da Muralla
o Rúa Vilalba
o Rodríguez Mourelo (ida)
o Doutor Portela (ida)
o Doutor Portela (volta)
o Rodríguez Mourelo (volta)
o Ramón Ferreiro (ida)
o Volta á altura de Pintor Corredoira
o Ramón Ferreiro (volta)
o Anxo López Pérez
o Ronda Muralla (unha volta completa)
o Rúa Vilalba (2º paso)
o Anxo López Pérez (2º paso)
o Ronda Muralla (2º paso ata rúa Montevideo)
o Desvío en dirección ao casco histórico á rúa Montevideo
o Quiroga Ballesteros
o Santo Domingo
o Rúa da Raíña
o Fin en Praza Maior

Plan de tráfico
O Concello ten previsto un plan de tráfico para os efectos de garantir a seguridade dos participantes neste evento. Contarase coa presenza dun vehículo policial na cabeza, acoutando o inicio da proba e outro pechando o grupo, que determinará o fin do espazo utilizado para a marcha, mantendo a unidade do grupo.

O itinerario estará controlado por efectivos da Policía Local e Protección Civil nos puntos onde exista risco para a seguridade viaria dispoñendo de sinalización circunstancial.

A Sala de Control de Tráfico contará cun operador de servizo desde as 11:30 horas para dispoñer os semáforos da Rolda da Muralla e da Avenida da Coruña, segundo conveña en cada momento, durante o desenvolvemento da marcha.

Detalles

Fecha:
21 de octubre, 2018
Hora:
12:00
Categoría del Evento:
X