jueves, noviembre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Día da Infancia – «O ARQUIVO DO CHIBO»

19 de noviembre - 12:00

Día da Infancia – «O ARQUIVO DO CHIBO» de Pablísimo.

​Auditorio Sede Afundación Lugo

19 novembro 2022 – 12.00 h

IMPORTANTE! O acceso a obra de teatro será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos local.

O ARQUIVO DO CHIBO de Pablísimo

«Hai quen conta ovellas para durmir…eu conto chibos»

O Arquivo do Chibo e unha fabulación libre arredor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo. Ollaremos nos Arquivos do chibo e atoparemos cantigas de lobos esfameados,fábulas de carneiros teimudos e a historia de sete cabuxos desobedientes.

Un teatriño con múltiples xanelas e espazos serven de «viñetas» para contar a xeito de banda deseñada este clásico actualizado,empregando monicreques,xoguetes,sombras…e moita moita cachifallada.

Reserva de entradas en Ataquilla.com

Detalles

Fecha:
19 de noviembre
Hora:
12:00
Categoría del Evento:

Local

Afundación
Praza Maior, 16
Lugo, Lugo 27001 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 28 90 96
Ver la web Local