
- Este evento ha pasado.
Documental: Arte+Muller+Galicia
23 de abril, 2018 - 19:30

Proxección de ARTE+MULLER+GALICIA, un documental de Rosario Sarmiento no que se ofrece unha perspectiva sobre o papel das mulleres artistas na arte contemporánea galega. O filme mereceu un galardón no I Concurso de Ideas ‘Luísa Villalta’ de Iniciativas Culturais pola Igualdade, convocado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña.
Ao remate da proxección haberá un coloquio no que participarán Rosario Sarmiento, directora do documental; a artista Mónica Alonso; Encarna Lago, xerente da Rede Museística e Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.
A entrada a este acto é libre ata completar o aforo.