jueves, septiembre 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Documental: Benvidas ao CLUB

31 de octubre, 2018 - 20:30

Benvidas ao Club

Estrea do documental da artista lucense Carmen Granxeiro sobre o Caso Carioca, que conta co apoio e colaboración da Plataforma Contra a Impunidade da Carioca. Ademáis da proxección haberá coloquio posterior coa autora e participantes no documental.

A entrada é de balde.
O documental contén linguaxe violenta explícita e non é recomendado para menores de 16 anos.

A finais de 2009 a aparentemente tranquila cidade de Lugo encabeza titulares e abre telexornais. Algunhas palabras que antes soaban lonxanas resoan ca forza do cotiá entre estradas e beirarrúas escuras baixo as luces intermitentes dos neóns. O maior sumario contra a trata visto en España dase a coñecer aos medios logo dun ano de instrución baixo segredo de sumario. A operación Carioca entra nos fogares e pasa a formar parte das nosas conversas pero, somos conscientes do que realmente agocha?

Esta é unha viaxe ao inferno onde centos de mulleres son vítimas da corrupción e da violencia, unha viaxe salpicada polas drogas e que ten lugar a carón noso. Logo de 10 anos no subconsciente colectivo este xuízo está a piques de chegar á recta final onde policías locais e nacionais, guardias civiles, funcionarios, empresarios ou médicos conforman un entramado que ocupa miles de folios no Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo.

Detalles

Fecha:
31 de octubre, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
Teléfono:
982 24 21 12
Web:
http://redemuseisticalugo.org/index.asp
X