jueves, noviembre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Documental – Os tomates escoitan a Wagner

23 de febrero - 18:00

Documental – Os tomates escoitan a Wagner

Día 23 de Febreiro. Hora: 18:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado

Entrada libre e de balde ata completar aforo. Máscara obrigatoria.

Director: Marianna Economou
País: Grecia
Ano: 2019
Xénero: Documental/ Economía – Medio ambiente – Política
Duración: 72 minutos
Produtores: Spiros Mavrogenis, Rea Apostolides, Yuri Averof
Produción: Stefi & Linx Productions, Anemon Productions
Guión: Marianna Economou
Dirección de Fotografía: Marianna Economou, Dimitris Kordelas, Argyris Tsepelikas
INTÉRPRETES: Documental, intervencións de: Alexandros Gousiaris, Christos Takas, Olga Lorida, Agathi Gousiari, Katina Gousiari, Stavroula Govari, Niki Karava

SINOPSE:

Elias é unha aldeíña agrícola e illada do centro de Grecia que se está morrendo. Pero dous curmáns enxeñosos, Christos e Alecco, únense ás avoas deste lugar para cultivar tomates.

Cos seus coñecementos e un pouco de axuda da música de Wagner, queren facer realidade o seu soño: exportar frascos de tomate orgánico por todo o mundo.

Desafiando á agricultura industrial e cultivando tomates orgánicos con sementes centenarias, venden frascos de tomate e conservas feitas cun método pouco ortodoxo.

A exportación de produtos orgánicos é un mercado moi competitivo, pero o éxito inesperado colle por sorpresa a todo o pobo, que recuperou a ilusión e puido levantar os ánimos e a economía do lugar.

Grazas aos tomates wagnerianos, a xente de Elias puido entrever un futuro onde se desvanece a crise que hai uns anos golpeou a Grecia, aínda que nunca é fácil saír adiante e a vida pode ser tan agridoce como un frasco de tomate en conserva.

Unha historia entrañable sobre o poder das relacións humanas e a importancia de reinventarse en época de crise. VOSE

PREMIOS: 2019 Thessaloniki International Film Festival: Mellor filme grego

Detalles

Fecha:
23 de febrero
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001