lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Documental: ‘Pucho Boedo. Un crooner na fin do mundo’

22 de marzo, 2019 - 20:30

IV ciclo de documentarios ‘Enxergando o País’

IV ciclo de documentarios ‘Enxergando o País’, que nesta nova edición amosará os seguintes proxectos:

Venres 22 de marzo: ‘Pucho Boedo. Un crooner na fin do mundo’, dirixido por Xurxo Souto, que reconstrúe a vida e a obra do mítico cantante dos Satélites que fixo renacer a música galega a partir de clásicos da nosa literatura.

Venres 29 de marzo: ‘Tecido resistente. A silenciosa revolución das mulleres de Présaras’, dirixido por Marina Chiavegatto, sobre o empoderaento e a transformación da vida das traballadoras da fábrica ‘Hilados y Tejidos’ de Vilasantar.

Venres 5 de abril: ‘Redes contra a política do espolio. Aire, auga e terra limpas’, dirixido por Xosé Bocixa e coa colaboración de Nós Televisión, sobre o traballo das plataformas Mina Touro – O Pino Non e varios colectivos en defensa do rural contra os impactos da minaría, a xestión insustentábel dos resíduos e os parques eólicos.

Todas as sesións serán no Lar da Cultura do País ás 20:30 hs. e contaremos membros dos proxectos audiovisuais e plataformas cuxas loitas son reflectidas neles.

Detalles

Fecha:
22 de marzo, 2019
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Lar da Cultura do País
Carril das Hortas 1 baixo
Lugo,
X