
- Este evento ha pasado.
XVI Encontro Universitario de Danza
23 de marzo, 2018 - 20:30
Gratuito
A nova compañía independente ‘Les Braves’ abrirá o programa de representacións do XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC coa coreografia ‘Volutas’, interpretada e con coreografía de Daniel Lazso. De seguido, a formación sénior ‘Sen Vergoña’ do campus de Lugo da USC, a primeira e única compañia de danza de IV Ciclo existente no panorama nacional universitario, porá en escena a coreografía ‘Metaformoses’, unha coreografía de Rosa Acuña dirixida por Juan Carlos Zahera. A compañía danza USC-Lugo, dirixida polo propio Zahera, botará o pano da primeira xornada deste festival universitario coa estrea da peza ‘Silencio’, tamén con coreografía de Rosa Acuña.
Promove: Lugo Cultural