sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Espectáculo familiar – NATALIA PAJARITO «ISOLADA»

25 de agosto, 2021 - 18:30

Mércores, 25 de agosto, NATALIA PAJARITO «ISOLADA»

18:30 Canella do Hospital – Entrada gratuíta ata completar cabida

“A muller nena habita nunha illa afortunada”. Eugenio Granell

Esta é a frase que abre a porta a unha nova aventura, a creación dun espectáculo de clown con poesía que volta á esencia da pallasa, da pallasa como concepto e tamén da pallasa como actriz, dándolle un contexto contemporáneo e onírico.

A chegada dunha pallasa a unha illa, onde sobrevivir é naufragar, e o fracaso unha forma de existir. Unha aventura chea de ilusión, xogo, imaxes. Todo cambia a cada instante, porque con todo se pode xogar, co presente, coa realidade que se vive. A soidade, a ensoñación dun cabaré bailado cun carretillo feito persoa, a aparición dun nativo co que compartir un futuro quizais non desexado. Contradicións eternas do ser humano, instintos básicos, a risa e a poesía como fío entrelazador de historias.

Detalles

Fecha:
25 de agosto, 2021
Hora:
18:30
Categoría del Evento:
X