
Familiar – «Coser e contar»
17 de marzo - 18:00

Familiar – «Coser e contar»
Venres, 17 de marzo de 2023 18:00 hs.
MARTA ÓRTIZ
Idades: a partir de 4 anos.
Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas. Unha homenaxe ás mulleres de mans sabias que foron as primeiras narradoras e transmisoras de coñecemento.
NOTA INFORMATIVA
Debido a causas de forza maior alleas ao concello o evento «Coser e contar» foi atrasado do día 16 de marzo ao 17 de marzo. Se ten entradas nas que figura a data anterior conservelas porque serán igualmente válidas.
Moitas grazas pola súa comprensión.