sábado, julio 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Festa aniversario de Tele-Clube Lugo con concerto de Laura Lamontagne

11 de mayo, 2019 - 20:30

Festa aniversario de Tele-Clube Lugo con concerto de Laura Lamontagne

Tele-Clube presenta a Laura Lamontagne

LAURA LAMONTAGNE: MULLER E ANIMAL

En directo na Casa do Saber (USC), Lugo.
Sábado 11/05/2019, 20:30h
Organiza: Tele-Clube.
Entradas: 3€

E despois… ¡Festa de aniversario no Jazz&Beer!

Tele-Clube cumple o seu primeiro aniversario e o celebran cunha aposta local e feminista.

Despois de doce meses en activo, o colectivo cultural -que naceu co ánimo de mellorar a vida social e cultural da cidade- comprendeu que non podía inaugurar a programación deste ano doutro xeito, por iso  o vindeiro 11 de maio ás 20:30h, Laura Lamontagne será a artista encargada de celebrar con nos e con vos, unha festa por todo o alto.

Laura Lamontagne é unha artista lucense de tan só 25 anos que iniciou a súa carreira impulsada polos recitais de poesía dalgunhas senlleiras tascas compostelás, para logo participar en vídeoclips (“Papá Borracho” de Ataque Escampe), curtas (“Os Remedios” de Sara Iglesias) e películas (La Estación Violenta de Anxo Fazáns, baseada no novela homónima de Manuel Jabois) na que interpreta o tema central da cinta, “Azulejos”… e de aí a percorrer teatros, salas e auditorios polo ancho e longo da xeografía galega, da man de Carmen Conde e a súa obra “Tabú”, na que Laura estivo a executar a música en directo, recuperando baixo o seu particular tamiz cántigas populares moi ben encaixadas nun espectáculo que narra as experiencias sexuais de mulleres entre 70 e 95 anos de idade de Galicia.

Ao longo do ano 2018, Laura perfila a súa carreira en solitario baixo o fío conductor da súa “Elegía de la Huerta”: un proxecto musical, audiovisual e poético, cantado e contado con esta diversidade de linguaxes e tamén de idiomas (galego, brasileiro, francés, inglés, castelán…) -cun poemario autoeditado que conta coas ilustracións de Belén Cordero, fotógrafa de Viva Lugo e de Tele-Clube- co feminismo e o antiespecismo como nexo de unión nesta viaxe por imaxes, poesía e música, que impacta de tal xeito que fai replantexar o noso modo de vida.

Tele-Clube anuncia cunha ilusión renovada que o concerto inaugural da nosa programación do 2019 será unha aposta polo despegue definitivo da carreira, que se albisca imaparable, dunha muller de Lugo que queremos avalar, coa seguridade de que non imos errar.

E á postre deste concerto: a  festa de aniversario. Ao remate do evento, percorreremos uns pouco metros para desfrutar dun convite de Tele-Clube a un refrixerio, con boa banda sonora, para todas aquelas asistentes ao concerto de Laura Lamontagne. Será no noso bar amigo, Jazz&Beer, a partires das 22h.

Detalles

Fecha:
11 de mayo, 2019
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X