miércoles, junio 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Festa de benvida ao Nadal en Lugo

14 de diciembre, 2018 - 18:00

Lugo recibirá este venres ao Nadal, con distintos actos lúdicos, a partir das 18:00 horas na Praza Maior: unha festa de benvida na que gozar dun photocall, no que a cidadanía se poderá facer fotografías e compartilas nas redes sociais co hastag #NadalLugo; e na que ilusionarse co reparto de globos entre os nenos e nenas.

A iluminación de Nadal comezará a lucir esa mesma tarde, na que tamén haberá un acto institucional, ás 18:30 horas. Todos os veciños e veciñas que se achegen, posteriormente poderán deleitar os seus oídos coas panxoliñas do grupo de pandereiteiras da Escola Municipal de Música e saborear unha chocolatada final con churros, entre outras sorpesas. O chocolate que se repartirá será sen gluten, e tamén haberá doces sen gluten.

Os equipos deportivos da cidade CB Breogán, CV Emevé, CB Ensino e CD Lugo súmanse á festa que ten preparada o Concello este venres para darlle a benvida ao Nadal, a partir das 18:00 horas. Estas actividades arrincarán cun reparto de globos entre os nenos e nenas.

Representantes da directiva e distintos xogadores e xogadoras destes equipos participarán no acto institucional, ás 18:30 horas, na Praza Maior. Posteriormente, entregaranlle agasallos aos máis pequenos e pequenas da casa, asinarán autógrafos e sacaranse fotos cos e cas que o desexen.

O pívot do Breogán Henk Norel, xunto á mascota do equipo, Maximus, acompañarán aos veciños e veciñas que queiran participar nestes actos lúdicos. Do Emevé, estarán presentes, do equipo masculino, os xogadores Mario Povale e Pablo Villar, e do feminino, Paula Reija e Ainara Burgo. Por parte do Ensino asistirá o equipo feminino da liga DÍA e do CD Lugo, o capitán Carlos Pita, o entrenador Antonio Monteagudo, e os xogadores Serge Leuko e Borja San Emeterio. Tampouco se  perde esta cita Quío o Esquío, a mascota de Xuvenlugo, que entregará pases para este evento.

Detalles

Fecha:
14 de diciembre, 2018
Hora:
18:00
Categoría del Evento:
X