miércoles, junio 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Festival de Jazz de Lugo: concerto de Pere Navarro Quintet

12 de noviembre, 2019 - 23:00

Festival de Jazz de Lugo: concerto de Pere Navarro Quintet feat. Abe Rábade

Programa completo do Festival de Jazz de Lugo 2019

Pere Navarro, trompetista, pianista, compositor e produtor, é considerado actualmente como un dos maiores talentos en canto á escena do jazz nacional. Con dous discos no seu haber en tan só 3 anos («Perenne» e Live in Madrid), Pere Navarro conseguiu forxar un son propio, fresco e vangardista que o define.

Jamboree, Recoletos, Jimmy Glass, A Bilbaína, Salga Clamores, Sunset Jazz Club, Nova Jazz Cava, A Praza Jazz Club, Sala Clavicémbalo, Caixa Forum, Filloa Jazz Club, Teatro Avalón, son só algúns dos escenarios aos que xa se subiu Pere Navarro no territorio nacional.

A nivel Europeo destacan as súas actuacións (todas con sold-out) en míticos clubs como a Pizza Express, en Londres ou o Sunset-Sunside e o New Morning en París.

Cabe remarcar a súa presenza na XXVII edición do Festival de Jazz de Lugo, en 2017, cuxo concerto foi escollido pola SGAE e Radio3 para o ciclo #VivaLaMúsicaViva da mesma SGAE, sendo o Quinteto de Pere Navarro, o único grupo de Jazz Nacional seleccionado. O concerto retransmitiuse en directo por Radio Nacional de España, desde a mítica Sala Clavicémbalo, onde se completou o aforo.

Pere Navarro: trompeta e composición Abe Rábade: piano Ferran Borrell: guitarra Pep Colls: baixo David Xirgu: batería

As entradas se poden mercar na plataforma online notikumi, na caseta do Festival (Praza Maior, fronte ao Círculo das Artes) están á venta entradas para os concertos do Círculo das Artes (12 euros xeral e 6 euros para estudantes) e o abono para tódolos concertos (70 euros); e no caso dos concertos do Clavi na mesma sala.

Detalles

Fecha:
12 de noviembre, 2019
Hora:
23:00
Categoría del Evento:

Local

Club Clavicémbalo
Rúa dos Paxariños, 23
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 24 32 70
Web:
http://www.clavicembalo.com/es/
X