jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Festival de danza e música tradicional de Lugo

17 de mayo, 2018 - 12:00

Promove: Concelleria de Educación do Concello de Lugo
Lugar: Praza Maior Lugo

O Festival de danza e música tradicional das nenas e nenos de Lugo trae representacións musicais e de baile con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, actividades que se suman as diferentes actividades culturais que terán lugar ao longo de toda a xornada en homenaxe a figura de María Victoria Moreno.

Neste festival de danza e música tradicional o protagonismo será para os rapaces e rapazas, xa que está prevista a participación de preto de 130 alumnos a alumnas de diferentes centros educativos da cidade, ademais do alumnado da Escola Municipal de Música de Lugo. As diferentes representacións terán lugar na Praza Maior e serán as seguintes:

• Ás 12:15 horas: actuación musical a cargo da banda da Escola Municipal de Música de Lugo.
• Ás 12:45 horas: actuación de baile tradicional galego e desfile a cargo dos nenos e nenas dos colexios participantes, acompañados polo grupo de pandereteiras da Escola Municipal de Música de Lugo.
• Ás 13:00 horas: exhibición de baile tradicional galego a cargo dos rapaces e rapazas dos colexios participantes, acompañados pola actuación do grupo tradicional da Escola Municipal de Música de Lugo.

Os centros educativos que participan neste festival de danza e música tradicional son: Anexa, Menéndez Pelayo, Illa Verde, Luís Pimentel, Rosalía de Castro, Sagrado Corazón, Divina Pastora e a Asociación Aspnais.

Detalles

Fecha:
17 de mayo, 2018
Hora:
12:00
Categoría del Evento:
X