18.8 C
Lugo
Sáb, 3 Jun 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

I Xornadas sobre diversidade afectivo e sexual: novas perspectivas

12 de noviembre, 2022

I Xornadas sobre diversidade afectivo e sexual: novas perspectivas

Organizadas polo Movemento de Investigación e Estudo Lucense Diverses e Arelas co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Ao redor deses campos de coñecemento artéllanse as mesas, conferencias e obradoiros que se desenvolverán durante a Xornada, que se celebrará no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. A participación require inscrición previa a través do enderezo concertacionsrmp@gmail.com

Programa da Xornada:

10.00 horas Conferencia de Apertura. “Cuestionando a cisheteronormatividade na escola: bibliodiversidade como exemplo de boas prácticas”.

Ana M. Amigo-Ventureira. Profesora e impulsora do proxecto “Bibliodiversidade: as bibliotecas como axentes para educar na diversidade afectivo e sexual”.

11.00 horas. Conferencia “Algúns debates éticos, políticos e antropolóxicos sobre a necesidade dunha educativo afectio e sexual integral”.

Enrique Latorre Ruiz. Doutro en filosofía pola USC, onde traballo como inestigador na Facultade de Ciencias da Educación. Os seus intereses céntranse nos estudos feministas da ciencia e a tecnoloxía e as políticas queer.

12.15 Conferencia: “Coeducar en diversidade, coeducación en igualdade: crear un centro onde poidamos ser nós mesmes”

Paloma García García. Profesora de Música, Igualdade e Artes escéncia e Danza no IES Castro Alobre de Vilagarcía e integrante da Rede Educativa Apoio LGBTIQA+ de Galicia.

16.00 horas Conferencia: Acompañamento profesional a persoas trans e con xéneros expandidos desde un modelo transpositivo”

Sore Vega Sandín. Psicólogue. Impulsore do Servizo TRANSIT da Sanidade Pública Catalá, acompañando en procesos terapeúticos a máis de 500 persoas trans e non binarias.

17.00 horas. Conferencia: “Situación legal/leis LGTBIQA+ d país” Miguel Vieito. Xurista,avogado, investigador e asesor legal de Arelas.

18.15 Mesas de presoas LGTBIQA+ falando das súas experiencias no ambito educativo, legal, sanitario e da saúde mental.

19:30 horas. Obradoiro sobre diversidades sexo-xenéricas Vicente Blanco e Salvador Cidras, profesores da área de Didáctica da Expresión Plástica da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo.

Detalles

Fecha:
12 de noviembre, 2022
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
+ Google Map
Teléfono:
982 24 21 12
Ver la web Local