viernes, septiembre 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da expo de Juan Puchades Quilis: Modelando vidas

20 de noviembre, 2018 - 20:00

catálogo da mostra "Modelando Vidas"

EXPOSICIÓN: Juan Puchades Quilis. Modelando vidas
Inauguración: martes, 20 de novembro, ás 20:00h.

EXPOSICIÓN: Juan Puchades Quilis. Modelando vidas

Sala de Exposición do MPLugo (do 20 de novembro ao 27 de xaneiro de 2019)

_____Horario de visitas

Luns a venres: de 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta

Juan Bautista Puchades Qulis

Escultor e docente que naceu en Valencia o 16 de marzo de 1934. Estudou Belas Artes na Escola Superior de San Carlos da súa cidade natal -onde se especializou en escultura- e, dende 1970, é catedrático de Debuxo no ensino medio. En 1960, tras aprobar as oposicións, trasladouse a Mondoñedo para exercer como profesor no Instituto San Rosendo.

Cómpre sinalar, con respecto á súa actividade artística, que traballa a madeira, o bronce, a pedra e o ferro, e que as súas obras foron expostas en Oviedo (1966), Mondoñedo e Guitiriz (1973), Vigo (1977), Suíza (1978), A Coruña (1980), Lugo (1980 e 1988), Francia (1984); ten unha obra na exposición permanente do Museo Provincial de Lugo e en distintas coleccións públicas e privadas de España, Suíza, Portugal, Francia ou Arxentina.

Obtivo diferentes galardóns: primeiro premio Mestre Mateo (Santiago de Compostela,1971), primeiro premio Concurso-Exposición de Arte (Concello de Segorbe, Castellón, 1974), primeiro premio no Concurso-Exposición Bimilenario de Lugo (1976) e o primeiro premio na III Bienal de Escultura de Sarria (Lugo, 1977).

Pertenceu a distintos colectivos como Los Urogallos, Escultores Gallegos, grupo artístico e cultural O Feitizo, do que foi un dos seus fundadores, e ao grupo de Artistas Plásticos Lucenses. É autor, entre outras moitas obras, de Mariñeiros na brega (representación de dous mariñeiros tirando dun cabo que suxeita a proa dunha embarcación, obra feita en ferro en 1975, primeiro premio Concurso-Exposición Bimilenario de Lugo, doazón do Patronato ao Museo Provincial de Lugo), e de numerosa obra pública como Monumento aos caídos (Lugo, 1962), Homenaxe ás xentes do mar (Burela, 1984), Familia, Monumento á vida natural (Alfoz, 1992 e 1995), Antón Noriega Varela (Mondoñedo, 1969), Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1991), Chicho Balado (Monforte de Lemos, 1996), Antonio Gandoy Díaz, o cura da bicicleta, Puro Cora (Lugo, 2004 e 2008) e Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo, 1998); de distintas pezas relixiosas, como o Xoán Bautista e o San Cristovo da igrexa parroquial de Burela ou do beato Inocencio Canoura do templo de Santa Cilla do Valadouro (Foz), e doutros traballos en ferro que se poden ver no colexio de Cervo e nas casas da cultura de Ribadeo ou de Verín.

Aurelia Balseiro, comisaria

Detalles

Fecha:
20 de noviembre, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
Teléfono:
982 24 21 12
Web:
http://redemuseisticalugo.org/index.asp
X