
- Este evento ha pasado.
Inauguración da expo «Miradas do Imperio»
7 de junio - 18:30

Inauguración da expo «Miradas do Imperio»
Martes 07/06, ás 18,30 h., na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, vaise inaugurar a exposición MIRADAS DO IMPERIO, do artista de Betanzos Alfredo Erias.
Alfredo Erias, ata a súa recente xubilación Director do Museo das Mariñass e do Anuario Brigantino, ven a lugo, precisamente coincidindo co Arde Lucus cunha exposición sobre emperadores e emperatrices de Roma ata o século III, con especial fincapé nos que tiveron relación con Lucus Augusti, incluíndo ademais as estelas de Crecente e Adai, que figuran entre os fondos do Museo Provincial de Lugo.
Nos cadros reprodúcese a imaxe dos mandatarios romanos, coñecida a través das estatuas existentes nos museos de todo o mundo.