lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

IV Festiblus: Carla Green & The Demons

12 de mayo, 2018 - 23:30

Carla Green & The Demons – fb – fórmase en Santiago de Compostela na primavera do 2017 coa intención de levar aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70. Conta cun repertorio baseado en clásicos de artistas como Etta James, Otis Redding, Wilson Pickett… En definitiva, a época dourada de selos como Chess, Stax ou Atlantic Records.

Está composta por músicos cunha dilatada traxectoria musical dentro de estilos como o blues, o swing ou o jazz. Á fronte da guitarra atópase David Tato (Bakin’ Blues Band); ao baixo, Fran Sanz (Bakin’ Blues Band); ao saxo tenor e barítono, Martiño Mato (Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira); ao trombón, José Luis Miranda (Garufa Blue Devils Big Band); á batería, Lar Legido (Sumrrá); por último, á voz, Carla Green.

Detalles

Fecha:
12 de mayo, 2018
Hora:
23:30
Categoría del Evento:

Local

Club Clavicémbalo
Rúa dos Paxariños, 23
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 24 32 70
Web:
http://www.clavicembalo.com/es/
X