domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lugo En Danza: 3 pezas curtas de danza e artes do movemento

7 de marzo, 2020 - 20:30

Lugo En Danza: 3 pezas curtas de danza e artes do movemento

Lugo En Danza: 3 pezas curtas de danza e artes do movemento

20:30 horas no MIHL

Aforo limitado – Inscrición no 010

3 propostas diferentes de 3 compañías recoñecidas a nivel nacional e internacional:

UN HUEVO Y CUATRO SARDINAS // BEATRIZ DEL MONTE

Nun espazo próximo, cheo de obxectos bañados de recordos, a través de movemento e texto, A Kika rexorde para ser memoria de todas aquelas mulleres que, fortes e soas, afrontaron a guerra e posguerra española.

“Busco entre lixos doutro tempo, do meu tempo, do seu tempo, seres buscando o
seu testo; pistolas que disparan. Fotografías, vestídevos de flores, bos días. Chegou
a carta e… Pon o moño apretao que veñen ventos…”

Beatriz del Monte é creadora de escenas, intérprete e profesora no campo da
danza. Natural de Madrid traballa na procura dunha linguaxe propia dentro da
escena. Licenciada en Coreografía da Danza Contemporánea polo Conservatorio
Superior de Danza María de Ávila. Foi concursante do programa “Fama, A bailar!

ON// CIA EXIRE

“ON” é unha peza de Danza Contemporánea/Experimental prevista para unha soa
bailarina con contraste de enerxías e atisbos dunha calidade ondulante e tensa propia do Poppin ́ (Danza Urbana), sempre cunha base sólida de Danza Contemporánea.

«De súpeto, un só dedo acende cada parte do meu corpo. A súa enerxía leva ás
miñas vísceras a experimentar unha sacudida tan potente como a forza mínima que
provoca violentos furacáns. Son os xestos sutís que envolven a atmosfera de
caricias e enerxía vital.

Ese principio, esa faísca é a que acende toda vida, o xerme vital. Unha semente, un
embrión… Con todo, cando ese embrión xa é adulto, precisa de constantes
sacudidas enerxéticas en forma de motivacións, xestos, sensacións que activan e
acenden as luces do corpo.»

Alba F. Cotelo é bailarina, profesora e coreógrafa de Danza Urbana e
Contemporánea.

EM.NA // COLECTIVO GLOVO

«Somos vibración. Todo é vibración, e todo é impermanente, pois todo está en constante movemento. A nosa mente tamén é movemento, e o movemento necesita harmonía para crear eficiencia.

Harmonía é ritmo.

Aquel que sabe manipular a vibración pode transformar as cousas á súa ao redor.»

Eshter Latorre é natural de Lugo, traballou con compañías como Jove Companyia
de Dansa Gerard Collins (Valencia), Moudansa (Valencia), Companhia de Dança
non Norte (Portugal)… ou a compañía Maduixa Teatre, da cal forma parte
actualmente e xunto á cal foi galardoada recentemente co Premio Max ao Mellor
Espectáculo de Rúa por “ Mulïer”.

En 2016 forma o colectivo GLOVO, xunto ao bailarín Hugo Pereira, creando a peza
“MAPA”, premiada no festival de sós e dúos SÓLODOS EN DANZA 2016.

Hugo Pereira é Natural de O Porto, comeza a súa formación no Conservatorio de
danza de Aveiro, onde posteriormente se graduará en 2015. Recibe diversas
formacións en danza contemporánea con mestres como: Akram Khan Dance
Company, Sagi Gross ( GrossDanceCompany, NEDERLANDS), Shirley
Esseboom ( NEDERLANDS), Víctor Hugo Pontes ( Nome Proprio, PORTUGAL),
Bruno Alexandre (PORTUGAL), Carmela García ( Otradanza, ESPANHA), Julia
Weh ( ALEMANHA), Romulus Neagu (PORTUGAL)…

Detalles

Fecha:
7 de marzo, 2020
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

MIHL
Av Infanta Elena, s/n
Lugo,
Teléfono:
982 29 74 46
X