
- Este evento ha pasado.
Lugo en Danza – Mortais e vulnerables
8 de abril - 20:00

Lugo en Danza – Mortais e vulnerables
FURIA SOTELO
CICLO LED 2022
8 de abr. de 2022 20:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire
60 minutos
Este só de danza xorde do desexo do encontro, da necesidade do encontro, da vontade de continuar indagando na práctica da creación colectiva.
Un corpo ao servizo das miradas das diferentes coreógrafas que acompañan o proceso de creación: Aitana Cordeiro, Ánxela Blanco, Alejandra Balboa, Mónica García e Clara Ferrao.
Un corpo vulnerable; fráxil ante as miradas que o fortalecen. Un corpo que se constrúe a través das outras.
E o sempre vívido desexo de bailar. O desexo de levar a cabo «Mortais e vulnerables» xorde antes da pandemia, como unha especie de premonición, adquirindo novos significados ante esta nova realidade.