Master Class e concerto de Eve Cornelious
O luns 27 de e marzo estará no Conservatorio Profesional de Música Xoan Montes de Lugo a cantante estadounidense Eve Cornelious ofrecendo unha clase maxistral ás 18:30 e un concerto ás 20:15.
A entrada será gratuíta con invitación, que poderá recollerse na conserxaría do CMUS Xoán Montes entre os días 22 e 24 de marzo (máximo 2 por persoa).
A entrada ao auditorio con invitación realizarase dende as 20:00 ata as 20:10h. Despois desta hora as invitacións perderán a súa validez.
Permitirase a entrada a público sen invitación sempre que queden localidades libres dende as 20:10 ata as 20:15. Despois desta hora xa non será posible a entrada.
O acceso ao auditorio, agás en casos con mobilidade reducida, terá que facerse pola porta do andar baixo situada ao carón da avda. de Madrid.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte