
- Este evento ha pasado.
Masterclass benéfica de zumba
1 de diciembre, 2018 - 19:00

Masterclass benéfica de zumba este sábado a favor de Capaces Lugo
O Concello de Lugo colabora nunha masterclass benéfica de zumba esta sábado a favor de Capaces Lugo. Será a partir das 19:00 horas no polideportivo no colexio Menéndez Pelayo, a cargo de Noemí Cerviño, xunto con outros instrutores tanto de Lugo como de fóra da cidade: David Ávila,Lucía, Elena, Nuria, Begoña, Iván, Carlota, Bruno Hermida, Adela, Natalia, Rebeca, Antía e Mónica, de Zumba Instructor Network (Zin).
Todas as persoas que queiran participar poden facelo achegándose ás instalacións do Menéndez Pelayo, cun donativo de 3 euros ao colectivo.
Capaces Lugo naceu hai 5 anos para apoiar ás persoas con autismo e con trastornos de comunicación e ás súas familias. Neste tempo, dedicáronse a informar e asesorar a familias que acaban de recibir diagnóstico e a centros educativos, a impartir formación de calidade para familias e profesionais, a romper barreiras de comunicaicón colocando pictogramas en colexios e institutos, entre outroas actividades, como sesión de cine adaptado.