15.5 C
Lugo
Sáb, 30 Sep 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

«Memory» de cartas con apartacións de 10 mulleres científicas

10 de febrero - 17 de febrero

Memory – xigante – de cartas con apartacións de 10 mulleres científicas

O xogo consiste en facer parellas, casando a imaxe de cada científica nunha carta co seu logro na outra. As cartas póñense boca abaixo e, en cada quenda, cada xogador/a dá volta a dúas cartas. Se son parella gaña, e se non colócanse no seu sitio.

O xogo levarase a cabo en diferentes parques infantís e nas súas inmediacións das 16.30 ás 18.30 horas do 11 ao 17 de febreiro.

A acción faise co obxectivo de aportar referentes femininos no eido científico e axudar a espertar as vocacións das cativas no ámbito das STEM, contribuíndo así a eliminar os prexuízos na elección profesional de rapaces e rapazas e máis a visibilizar mulleres científicas esquecidas e/ou eliminadas na tradición académica.

A concellería de Muller e Igualdade busca amosar con estas actividades o compromiso municipal con calquera causa que contribúa a eliminar as desigualdades entre mulleres e homes en calquera ámbito da sociedade. Con elas, tamén se quere fortalecer a imaxe da marca luguesa Mulleres con Forza e dar máis presencia ao labor da Concellería a pé de rúa.

Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia – Memory 

Detalles

Comienza:
10 de febrero
Finaliza:
17 de febrero
Categoría del Evento: