Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mercadiño de troco

19 de septiembre, 2018 - 17:00 - 20:00

MERCADIÑO DE TROCO

Mércores, 19 de setembro

17.00 a 20.00hr

De balde

«O TROCO é un sistema de mercado alternativo no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda, promovendo hábitos de consumo responsable e evitando o gasto de diñeiro». Baixo esta premisa organizamos un encontro no que podedes traer aquilo que xa non usades (pero en bo estado) e levar todo o que precisedes. Roupa, electrodomésticos, libros, xogos, bonecos, música, accesorios varios… todo o que sexa ser susceptible de ser reutilizado será benvido.

Que podo levar? Todo aquilo que xa non uses e que estea en bo estado.

Hai que pagar? Non. Xustamente facemos isto para evitar o uso do diñeiro.

Que pasa coas miñas cousas se ninguén as colle? Ti decides, se levalas ou deixárnolas aquí. Neste segundo caso, é posible que algunhas prendas de roupa sexan reutilizadas para os bonecos que facemos con material de refugallo. O resto entregarémosllas a unha entidade solidaria.

Cambio un obxecto por outro? Non é preciso. Confiamos en que collerás o que precises. Se precisas máis do que traes, xa se equilibra cos que tran e non levan nada (é habitual que sobre moito máis do que se leva).

A que hora? O tempo do troco é de 17 a 20hr polo que se queres traer algo para trocar é preferible que veñas ás 16.30 hr para organizarnos. No caso de que queiras levar de volta o que non se intercambiase o tempo de recoller é de 20 a 20.30hr

Detalles

Fecha:
19 de septiembre, 2018
Hora:
17:00 - 20:00
Categoría del Evento: