
- Este evento ha pasado.
Mercadiños do Miño
24 de julio
Mercadiños do Miño. Domingos de xullo de 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 h no Paseo Fluvial do río Miño. + INFO
Domingo 24 de xullo
11.00 h – 21.00 h. Música ambiental: para complementar o impacto visual co resto de sentidos nun ambiente envolvente.
11.00 h – 21.00 h. Photocall: durante todo o día poderás gozar dun espazo para tomar fotos de recordo.
11.00 h. Apertura dos mercadiños: breve acto oficial
11.00 h. Presentación do concurso Á procura de LOL: LOL é un obxecto que está agochado, percorre o mercadiño na súa procura para gañar vales de compra no comercio adherido ao movemento LocalmenteLucense.
11.30 h – 13.30 h Cantos contos contas? Espectáculo infantil de narración oral con Capitana Cuento, contadora de contos infantís para crianzas ávidas de historias fantásticas que abran o maxín máis aló do conto.
De 13.30 h. a 15.00 h. LocaLmente Lucense para a veciñanza: dende vender a facer o que máis lles guste. Unha oportunidade para que escolas de música, academias de baile e danza, pintura ou manualidades, así como asociacións, agrupacións ou veciñas/os se presenten con mostras, actividades ou incluso para vender aqueles materiais que desexen.
15.00 h. Concurso PICNIC DE POSTAL: espazo para que veñas co teu picnic (manta, xantar…). A parcela mellor decorada terá premio (vales de compra para gastar no comercio LocaLmenteLucense)!
17.00 h. Apertura de postos
18.00 h. – 19.00 h. Obradoiro infantil para fomentar a lectura entre as crianzas! O fomento da lectura miúda é unha misión para especialistas! A Capitana Cuento usará os seus poderes outorgados nas historias de fantasía ou de realismo narradas con soporte gráfico de libros para acadar estes obxectivos.
De 20.00 h. a 21.00 h. LocaLmente Lucense para a veciñanza: dende vender a facer o que máis lles guste. Unha oportunidade para que escolas de música, academias de baile e danza, pintura ou manualidades, así como asociacións, agrupacións ou veciñas/os se presenten con mostras, actividades ou incluso para vender aqueles materiais que desexen.
21.00 h. Entrega de premios dos concursos do día
21.00 h. Fin da xornada
Domingo 31 de xullo
11.00 h – 21.00 h. Música ambiental: para complementar o impacto visual co resto de sentidos nun ambiente envolvente.
11.00 h – 21.00 h. Photocall: durante todo o día poderás gozar dun espazo para tomar fotos de recordo.
11.00 h. Apertura dos mercadiños: breve acto oficial
11.00 h. Presentación do concurso Á procura de LOL: LOL é un obxecto que está agochado, percorre o mercadiño na súa procura para gañar vales de compra no comercio adherido ao movemento LocalmenteLucense.
11.30 h – 13.30 h A maxia está presente Espectáculo familiar e divertido onde o público participa sen parar. Imposibles xogos visuais mesturados con humor e misterio. Unha viaxe a un mundo onde todo se presenta susceptible de ser transformado, onde nada é imposible, atréveste?
De 13.30 h. a 15.00 h. LocaLmente Lucense para a veciñanza: dende vender a facer o que máis lles guste. Unha oportunidade para que escolas de música, academias de baile e danza, pintura ou manualidades, así como asociacións, agrupacións ou veciñas/os se presenten con mostras, actividades ou incluso para vender aqueles materiais que desexen.
15.00 h. Concurso PICNIC DE POSTAL: espazo para que veñas co teu pícnic (manta, xantar…). A parcela mellor decorada terá premio (vales de compra para gastar no comercio LocaLmenteLucense)!
17.00 h. Apertura de postos
18.00 h. – 19.00 h. Mira o coyote Espectáculo de maxia adaptado a público infantil, con xogos moi participativos e interactivos, moi divertido e sorprendente onde a improvisación e os sorrisos predominan durante toda a función.
De 20.00 h. a 21.00 h. LocaLmente Lucense para a veciñanza: dende vender a facer o que máis lles guste. Unha oportunidade para que escolas de música, academias de baile e danza, pintura ou manualidades, así como asociacións, agrupacións ou veciñas/os se presenten con mostras, actividades ou incluso para vender aqueles materiais que desexen.
21.00 h. Entrega de premios dos concursos do día
21.00 h. Fin da xornada
Detalles
- Fecha:
- 24 de julio
- Categoría del Evento:
- Varios