lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mesa redonda: “Experiencias teatrais femeninas» con Melania Cruz e María Vázquez

13 de mayo, 2018 - 20:00

Achádego Teatro. 30 anos de teatro en Lugo.
Experiencias Teatrais Lugo 

Mesa redonda: “Experiencias teatrais femeninas. A situación das mulleres no feito teatral”

Modera a mesa a xornalista Lourdes Abuide.

Poñentes:

Melania Cruz. – web oficial – 

Estudiou maxisterio en Lugo e Interpretación textual na ESAD en Vigo e un master en pedagoxía e animación teatral na Universidade de Vigo. En 2012 fundou Il Maquinario teatro. Traballou como actriz profesional en varias compañías, CDG, Contraproduccións, 611 Teatro e EsénaT. En cine traballou en A Esmorga e Sicixia de Ignacio Vilar. Traballou en series para a TVG como Urxencia Cero, Serramoura, Fontealba e Viradeira.
Premios:
• Premio Mestre Mateo 2018 a mellor actriz protagonista por DHOGS, dirixida por Andrés Goteira.
• Nominación a premio María Casares de Teatro 2018 a mellor actriz protagonista por Resaca, dirixida por Tito Asorey.
• Premio María Casares de Teatro 2016 a mellor actriz protagonista por Xardín Suspenso dirixido por Cándido Pazó.
• Nominación a premio María Casares de Teatro 2015 a mellor actriz protagonista por Perplexo, dirixida por Tito Asorey.

María Vázquez. – web trama films-  Nace un 19 de marzo de 1979 en Carballedo, Chantada. Con 18 anos se traslada a Madrid para estudiar danza e ingresa na escola Teatro da Danza donde permaneceu dous anos. Entón se decanta polo teatro e continúa os seus estudios de Interpretación na Escola Internacional de Juan Carlos Corazza en donde terminou a formación de 4 anos.
Arestora está de xira coa obra “A leituga” dirixida por Victor Duplá, traballou con Andrés Lima en “sueño” e en “la evolución” e “animal” dirigida por Rubén Ochandiano. Entre outras. En Televisión está participando na serie Fariña de Bambú producción para Antena3
Premios:
• Ojo crítico de cine que concede RNE polo seu traballo na película “Mataharis” de Icíar Bollaín. 2007.
• Mestre Mateo a mellor Interpretación Femenina Protagonista por “o clube da calceta”.
• Premio Medallas do círculo de escritores cinematográficos á mellor actriz de reparto por Mataharis.
• Nominada ao premio Goya por a mellor interpretación femenina por Mataharis. 2007.
• Nominada ao premio Mestre Mateo á mellor interpretación femenina de reparto por “El año de la garrapata”.

Detalles

Fecha:
13 de mayo, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X