
- Este evento ha pasado.
Mostra de instrumentos musicais e de construción de embarcacións
11 de septiembre

Mostra de instrumentos musicais e de construción de embarcacións nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior os domingos de 11 a 14 e de 17 a 20:30.
11 de setembro
Lis Latas (Lis, obradoiro de gaitas) – Instrumentos musicais
Demostración de fabricación de gaitas coas mellores materias primas, combinando técnicas tradicionais coas máis novas tecnoloxías que fan deste taller artesán un referente dentro do mundo musical.
A estrela dos produtos elaborados neste obradoiro é o punteiro afinable, unha revolución de vangarda e unha volta de rosca ao elemento máis representativo do folclore galego.
Francisco Fra Rico – Carpintería de ribeira, construción de embarcacións
Demostración do traballo de construción dunha embarcación tradicional. Tratarase das tipoloxías, o trazado, os modelos de medio casco. A supervivencia deste oficio pasa por facelo visible, por mostrar o traballo que se fai, por dar a coñecer a nosa cultura e a tradición mariñeira.