domingo, noviembre 20, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mostra de talla de madeira de tornería de gaitas

21 de agosto

Mostra de talla de madeira de tornería de gaitas
21 de agosto nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior de 11 a 14 e de 17 a 20:30.

Roberto Figueira Martínez (Cousas de Madeira) – Talla de Madeira

Demostración de talla e escultura en madeira para a cal o artesán acude cun banco de talla de construción tradicional mais un de escultura réplica dun medieval, ademais de gubias, mazas e unha mostra de tallas e esculturas rematadas máis en varias fases do seu proceso de labra. Durante a xornada dedícase a traballar sobre unha peza de talla ou escultura para que se vaian vendo as distintas fases e técnicas que se usan no oficio.

José Piñeiro Pérez (Instrumentos Nebra) – Tornería de Gaitas

Demostración da construción das distintas partes dunha gaita mediante un torno de varas movido por pedal. Realizarase tamén o cosido dun fol de coiro empregando para iso modelos e formas das gaitas Tumbais das Rías Baixas do século XIX. E expoñeranse as ferramentas empregadas para a súa construción.

Detalles

Fecha:
21 de agosto
Categoría del Evento: