miércoles, junio 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro: acción non violenta contra a trata

15 de diciembre, 2018

A Plataforma Cidadá contra a Impunidade do Caso Carioca segue coa a súa actividade de denuncia social perante a indefensión dos centos de mulleres vítimas de trata e explotación sexual desta enorme trama de proxenetismo destapada en Lugo, e vén de iniciar unha campaña para pedir que tanto Xunta de Galicia como Concello de Lugo se persoen como acusación popular para evitar que decenas de imputados, entre eles varios membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado, queden impunes tras o último escrito no que a Fiscalía desiste de acusalos. No marco da mesma organiza un obradoiro de teatro este sábado día 15 de decembro co obxectivo de crear entre as participantes unha performance de rúa que sirva para denunciar a problemática da trata con fins de explotación sexual e pedir a intervención real das institucións para solucionala.

O obradoiro será impartido por Moisés Mato, creador do «Teatro de la Escucha» e impulsor da campaña «NoViolencia 2018», e terá lugar na sede de Cáritas en Lugo (Avenida das Américas, 93-97) de 10h a 19:30h. As inscricións están abertas e poden realizarse no correo electrónico: info@jaijagat.es ou no teléfono 610012173. O prezo é de 20€ con comida incluída e con posibilidade de beca para quen o solicite por falta de recursos.

Detalles

Fecha:
15 de diciembre, 2018
Categoría del Evento:
X