
- Este evento ha pasado.
ADIADO – Obradoiro audiovisual no Museo Provincial
28 de julio - 29 de julio

ADIADO – ADIADO
Os días 28 e 29 de xullo o Museo Provincial de Lugo acollerá o obradoiro audiovisual
(RE)CONEXIÓN dentro do programa de verán que organiza Rede Museística Provincial de Lugo.
A través de entrevistas a persoas maiores de Lugo, as participantes recuperarán historias en risco inminente de ser esquecidas, crearán lazos interxeracionais na comunidade e aprenderán valores en positivo.
O obxectivo final deste proxecto sociocultural é crear unha peza documental que recolla todas as historias gravadas e dar visibilidade aos testemuños de varias das bibliotecas vivas ao longo da provincia.
A inscrición, dirixida a mozas e mozos de entre 8 e 12 anos, aínda está aberta e realizase a través da páxina web da Rede Museística Provincial de Lugo:
https://comunidadermpl.es/programa-de-actividades-de-veran-2022/