viernes, julio 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro de cosmética natural

5 de febrero

Obradoiro de cosmética natural

O Espazo Permacultural Lugar de Reque, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo na contorna do centro de cestería, no paso do río Rato, acolle un obradoiro de
cosmética natural este sábado 5 de febreiro.

Trátase dunha formación na que as persoas asistentes aprenderán a usar os recursos naturais de forma consciente para elaborar productos de hixiene persoal que coiden do entorno e da saúde.

Abordaránse os temas da autoxestión dos nosos cosméticos, as necesidades básicas de pel, cabelo e hixiene bucal, equipamento básico, ingredientes naturais e boas prácticas desde un punto de vista permacultural e de aproveitamento de recursos.

Na parte práctica do curso elaborarase xabrón, dentífrico e desodorante sólidos, mais unha
loción corporal de aloe vera.

O obradoiro, impartido por María García del Río da firma de cosmética natural Lola Puñales, terá unha duración de oito horas (de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 19.00 horas)

Desenvolverase nunha das aulas do taller de cestería, cun espazo reducido polo que as prazas están limitadas a 10 asistenes. Para participar, é necesaria a inscrición previa a través do correo lugardereque@deputacionlugo.org. A inscrición será por orde de recepción das solicitudes.

Detalles

Fecha:
5 de febrero
Categoría del Evento:
X